Durante estes días estivemos a traballar con diferentes propostas relacionadas co Samaín.
LECTOESCRITURA
Identificación dos sons dunha palabra e formación da mesma con letras móbiles.
Favorecemos a conciencia fonolóxica, o recoñecemento das letras e a asociación entre sons e grafías.
CONTEO
Actividade de conteo e asociación número-cantidade mediante imaxes e números móbiles.
Potenciamos o desenrolo do razoamento lóxico-matemático e o recoñecemento dos números.
TABLAS DE LÓXICA
Unión das opcións da fila coas opcións da columna, para obter a solución aceitada.
Favorecemos a atención, a percepción visual e a orientación espacial.
CREA O TEU MONSTRO
Debuxo guiado mediante o dado e unha ficha de referencia.
Desenrolamos a creatividade, a motricidade fina e a coordinación óculo-manual.
POLICUBOS
Actividade de reprodución de patróns mediante pezas de construción de cores.
Favorecemos a percepción visual, a orientación espacial e a motricidade fina.
TRES EN RAIA
Xogo didáctico que potencia o desenrolo do razoamento lóxico, a atención, a planificación e a toma de decisións.
MESA DE LUZ
Desenrolamos a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, a atención e o recoñecemento das cores.






















No hay comentarios:
Publicar un comentario