viernes, 27 de febrero de 2026

SESIÓN 3 PLANEA

 Seguindo coas sesións de PLANEA, chegamos a terceira, que comezou co paso dunha cubrición, sempre traballando co contacto visual e coa concentración. Por cada paso, pedimos o alumnado que mencione un animal.

Rematada esta primeira parte, explicamos a introducción dun novo elemento, que será sonoro, no xogo das chaves.

Cambiamos de espazo, e facemos  o xogo, recordando comezar polo exercicio de mans.









Ao remate do xogo, lemos unha poesía de Rosalía de Castro e dirixímonos ó novo espazo, onde debuxamos algo relacionado coa lectura do poema.
Para rematar a sesión, gardamos de un en un o rotulador e facemos unha melodía 











jueves, 26 de febrero de 2026

Visita á escola de Canteiros

 Hoxe vivimos unha xornada moi especial.

Primeiro fixemos unha pequena ruta polos petroglifos, onde puidemos observar estas antigas gravacións na pedra e aprender un pouco sobre a súa importancia histórica. Aproveitamos tamén para facer unha pequena merenda antes de continuar a visita.












Despois desprazámonos ao CIFP de Cantería de Poio, onde nos ensinaron moitas cousas sobre o traballo da pedra. Explicáronnos os diferentes tipos de materiais, as ferramentas que empregan e os procesos de elaboración. Ademais, puidemos ver exemplos de pezas realizadas polo alumnado e comprobar de primeira man a precisión e dedicación que require este oficio.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que combinamos natureza, historia e aprendizaxe.

Grazas por acollernos e ensinarnos este oficio tradicional!!