martes, 24 de febrero de 2026

Begoña, a redeira de Paredes

Hoxe tivemos unha visita moi especial, unha redeira. Recibimos a Begoña, que veu compartir con nós un oficio tradicional cheo de historia, saber facer e tradición. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado, que puido coñecer de primeira man como se traballa neste oficio e cal é a súa importancia dentro da nosa cultura.

Durante a xornada, Begoña explicounos as ferramentas, os materiais e o proceso de elaboración,  amosando con moita paciencia cada paso do traballo. Ademais, tivemos a oportunidade de participar activamente e valorar o esforzo e a dedicación que require este tipo de profesións tradicionais.

Esta actividade enmárcase dentro do noso PDI, CRArte, no que estamos a investigar e poñer en valor os oficios tradicionais e o traballo artesanal, durante o segundo trimestre. Sen dúbida, a visita de hoxe axudounos a comprender mellor a importancia de conservar estas tradicións e transmitilas ás novas xeracións.

Moitas grazas, Begoña, por compartir o teu tempo e o teu saber connosco. Foi unha experiencia moi especial!





















No hay comentarios:

Publicar un comentario