Continuando co traballo realizado na sesión 0, seguimos a facer actividades PLANEA. Comenzamos pasándonos dúas cubricións procedentes doutra escola do CRA. Ulímolas, tocámolas..e pouquiño a pouco descubrimos que era un libro de Entroido e unha pluma.
Despois, cambiamos de espazo e, por parellas, levamos a cabo unha nova proposta na que as chaves foron as protagonistas. Tratábase dun xogo explicado no primeiro espazo, no que o movemento, o son e a coordinación das chaves centraron toda a atención do alumnado.
Cando acabou o tempo do xogo das chaves, lemos un poema do libro Acuario 2, relacionado cos cabaliños de mar. Cando rematou a lectura, fixemos dúas filas e nos diriximos ao seguiste espazo, onde debuxamos algo relacionado coa lectura anterior, no rolo de papel.
Rematamos a sesión gardando o rotulador e facendo unha pequea melodía























No hay comentarios:
Publicar un comentario