Este ano o Entroido celebrámolo na escola de Figueirido. Foi unha mañá moi especial pois alí nos xuntamos as nenas e nenos de Figueirido, Bértola e Paredes, para festexar esta tradición tan nosa.
Este ano o Entroido celebrámolo na escola de Figueirido. Foi unha mañá moi especial pois alí nos xuntamos as nenas e nenos de Figueirido, Bértola e Paredes, para festexar esta tradición tan nosa.
Durante a primeira parte da mañá, ata as once, participamos en tres obradoiros moi divertidos:
👩🍳 Un obradoiro de cociña
🎲 Un obradoiro de xogos populares do Entroido de Cobres
🎨 E un obradoiro artístico
Despois chegou un dos momentos máis agardados, vestímonos cos traxes de madamas e galáns, enchendo a escola de cor e tradición. O desfile tivo que ser un pouco apurado por mor da chuvia, pero iso non nos quitou o sorriso nin as ganas de festa.
Finalmente chegamos á Casa de Cultura, onde as familias nos estaban esperando cunha gran celebración preparada con moito agarimo: postres tradicionais do Entroido, froitas, biscoitos e moitas lambetadas para repoñer forzas.
Foi un día pasado por auga, pero tamén pasado por risas, convivencia e moita ilusión. Moitas grazas ás familias por facer posible un Entroido tan bonito! 🎉💛
Obradoiro de Cociña
No hay comentarios:
Publicar un comentario