lunes, 9 de febrero de 2026

Visita da nosa madama preferida

 Hoxe tivemos unha visita moi especial que nos encheu de ledicia, a madama do Entroido de Cobres achegouse ata nós para compartir un anaco da nosa tradición. Disfrutamos moitísimo observando con atención o seu espectacular sombreiro, cheo de cor e detalle, así como todas as cousas que leva no traxe, tan coidadas e cheas de significado.

Sen dúbida, un dos mellores momentos foi cando nos puxemos a bailar con ela, seguindo o ritmo e sentindo o espírito do Entroido moi preto.

Foi unha experiencia inesquecible que nos permitiu coñecer un pouco mellor esta festa tan nosa e vivir o Entroido con todos os sentidos.

Moitas grazas profe Henar!!






















No hay comentarios:

Publicar un comentario