Durante estes días estivemos mergullados nas propostas de Entroido, gozando e aprendendo a través de diferentes actividades lúdicas e educativas. Entre elas, destacaron varios xogos elaborados pola profe Yoli, como o memory, o lince e o dooble, todos eles relacionados co Entroido de Cobres. Axudáronnos a traballar a atención, a memoria e a asociación de imaxes relacionadas con esta celebración tan especial.
Así mesmo, levamos a cabo propostas nas que recoñecemos as diferentes personaxes do Entroido galego, centrándonos principalmente na madama e no galán, o galo e tamén nalgúns doces e sobremesas tradicionais de Galicia, achegándonos así á nosa cultura e tradicións dun xeito divertido e significativo.

















No hay comentarios:
Publicar un comentario