SESIÓN 2 PLANEA

Presentamos o material co que traballaremos: cubrición, panel de Christo y Jean Claude, táboa con chaves para xogar a lapis e lectura "Tempo de Entroido".
CUBRICIÓNS ESPAZO 1:
Hoxe repetimos movementos de coordinación para pasar a cubrición, deixamos voar a nosa imaxinación (son unhas gafas, un dinosaurio, unha cometa, un coxín, un peluche...) e practicamos o xogo de conexión a partir da mirada, incidindo no movemento de abaixo cara arriba ao lanzar a cubrición.

LAPIS ESPAZO 2:
Xogamos catro partidas a LAPIS empregando chaves como obxecto e practicando os movemento sincrónicos e asincrónicos.

LECTURA. TRANSICIÓN AO ESPAZO 3
TEMPO DE ROLO! ESPAZO 3
No rolo plasmamos a nosa creatividdae con grafismos inspirados na lectura de Tempo de Entroido e nas vivencias da escola en torno a este centro de interese das últimas semanas.
DESPEDIDA DO ESPAZO 3:
Recollemos o material e despedímonos coas campás.
























No hay comentarios:
Publicar un comentario